1.1.3 - Sección diario de clase
No apartado de "Diario de clase" podes facer o mesmo que na versión web de prográmame-UDIs, sincronizando os datos en tempo real entre ambas (consulta o manual da versión web para unha análise máis profunda do seu uso).
- Escolle/crea unha semana para traballar (ver máis detalles no seguinte punto deste apartado)
- Xera a táboa do diario de clase en pdf ou o modelo completo.
- Engade un exercicio/actividade de forma rápida, tanto a unha semana como á “aprazada desde a APP para usala logo”. Tamén podes engadilo directamente no boton "+" dentro cada sesión do diario.
- Cando haxa unha data de celebración indicada no calendario escolar, aniversario de algún alumno/a dos teus grupos, ou efeméride aparecerá indicada automaticamente no día correspondente.
- Visualiza as sesións indicadas na semana que estea escollida, automaticamente situarate no día actua (no caso de usar un teléfono)l.
- Podes arrastrar calquera sesión (exercicio ou sen clase) a outro lugar do diario, e terás o opción de movela ou copiala en dito lugar.
- Facendo click sobre cada unha poderás acceder e modificar os elementos que conteña (agás estándares e contidos), así como a un botón para “aprazar” e “mover” para cada unha delas. Cada día da semana ten asignada unha cor para distinguilos de forma doada.
- Sesións aprazadas actualmente, premendo sobre esta opción amosará ditas sesións. As sesións aprazadas aparecerán na aplicación web nunha semana específica para que poidas movelas a unha nova semana que poidas crear.
Crear, borrar e marcar como plantilla, nunha semana:
Cando escollas unha semana (1), terás estás opcións:
- Eengadir unha nova semana, premendo no boton "+" , a patir dunha data ou manualmente, desliz
- Deslizar lateralmente sobre a semana e poder escoller entre:
- Marcala como plantilla
- Cambiarlle o nome
- Borrala (pide confirmación)
- As marcadas como plantilla aparecerán sinaladas cunha icona idenficativa.
Podes ocultar unha semana na app, por exemplo se tes creada a semana próxima pero queres que se amose a actual por defecto, incluíndo como nome de semana desde a web (ocultar).
Mover sesións arrastrando:
Se mantés pulsado e arrastras, verás a parecer as mesmas opcións que na versión web: duplicar ou mover.
Selección múltiple:
Se mantés pulsado sobre una sesión (con ou sen clase) verás aparecer a opción de "selección múltiple", para borrar o mover a outra semana, varias sesións en lote
Engadir sesions: exercicio ou sen clase:
Cando engadas unha sesión (2), poderás escoller entre "sen clase" ou "exercicio" e neste segundo caso, deberás optar por crealo en branco ou a partir dalgunha das túas UD-UDIS.
No primeiro caso non se incluriá obviamente ningún elemento curricular, mentras que no segundo sera incluída toda a infomración que estea dispoñile na UD-UDI.
Modificar e borrar as sesións creadas: exercicios ou sen clase:
Accedendo a cada exercicio ou sesión sen clase, poderás modificar o seu contido e acceder a unha serie de funcionalidades, entre elas borrarlo.
Icona indentificativa en cada elemento:
Pode incluírse unha icona identificativa en cada un dos elementos introducidos, esta pode ser indicada manualmente ou de modo automático, sempre e cando o texto do exercicio/sen clase inclúa certos termos concretos, tal como se sinala ó final deste documento.
a) Iconas de modo manual:
Entrando en cada exercicio/sen clase, poderás decidir que icona asignarlle. Escollendo a opción destacar, etiquetas e icona-. Ten en conta que se aínda que teñas activado o sistema automático de iconas, as marcadas manualmente prevalecerán sobre elas, agás no caso daquelas nas que se inclúa o termo garda. (ver apartado do manual específico ó respecto.
b) Iconas de modo automático:
Tal como se sinalou, segundo o texto do exercicio/sen sen clase amosarase unha icona identificativa (podes ver os termos de referencia ó final deste documento)
Podes activar ou desactivar esta opción de "iconas automáticas" no apartado configuración da APP. Por defecto aparecerá marcado como activado.
Lista de termos recoñecidos para o sistema automático de iconas:
De seguido podes atopar un listado dos termos recoñecidos para amosar as iconas. No caso de non ser ningún deles incluirase unha icona xenérica, sempre e cando a opción no se atope desactivada no apartado configuración da APP.
Orde de prioridade na asignación de iconas:
Á hora de asignar unha icona a un elemento do diario de clase (sen clase ou exercicio), tense en conta conta a seguinte orde de prioridade:
- Iconas automáticas de garda, que non poden ser reemplazadas en ningún caso se son detectadas, aínda que esta desactivada a visualiación das iconas automáticas.
- Iconas marcadas manualmente, reemplazarán as automáticas, agás gardas, en calquera caso. Con independencia de que estea ou non activado o sistema de iconas automáticas.
- Iconas automáticas, agás gardas, se está activado o sistema de visualización de iconas automáticas e non hai ningunha icona manual escollida
- Sen ningunha icona: se non se corresponden con ningunha automática nin foi marcada manualmente.








