1.1.5.5 - Como cortar/copiar e pegar páxinas de annotacións manuscritas, para movelas/copialas de libreta e como mover libretas e cartafoles
Podes mover ou copiar calquera páxina dunha libreta a outra (ou na mesma libreta), xa sexa no block de notas ou en calquera data do calendario.
Tan só tes que entrar na páxina en cuestión e escoller, no menu de "tres puntos" a opción "cortar páxina para pegar" ou "copiar páxina".
Busca a libreta na cal queres pegala para copiala ou movela, (ou na mesma libreta na que estás) e unha vez dentro escolle a opción "engadir nova páxina" (como farías de modo habitual), verás unha nova opción para "pegala e movela" ou "duplicar a partir do copiado".
No caso de mover desaparecerá da súa libreta orixinal e será movida a elixida, no caso de copiar terás unha copia exacta.
Esta opción de "pegar" aparecerá mentras no se peche a app, sexa pegada/movida ou se copie outra páxina.
Mover libretas e cartafoles:
Ademais de manter pulsado e arrastrar dentro de cartafoles as libretas e carpetas, e mesmo na lista da ruta superiror, tamén podes mover, dun modo análogo unha libreta de lugar ou metela nun cartafol.
Do mesmo xeito tamén podes mover un cartafol de lugar (a outra data ou desde/ata o block de anotacións).
Tan só tes que premer sobre unha libreta ou carpeta, e no menú contextual escoller "cortar para mover".
Busca o lugar onde debe moverse, e no botón de mais escolle a opción "pegar carpeta/libreta cortada aquí". (Deste xeito moverase do seu lugar orixinal ata este.
Ten en conta que podes crear/mover libretas tando dentro como fora de cartafoles, e que podes crear tantos cartafoles "anidados" uns dento dos outros como queiras.
Unha vez escollido "cortado para mover", a opción de "pegar" so aparecerá durante 30 segundos.
Podes tamen arrastar cartafoles e libretas nas pestañas da ruta superior para movelas ao lugar indicado.








