1.6 - Que tempo fai hoxe? Escollendo icona do tempo e temperatura

Só co acceso con contrasinal ou código QR, desde a icona correspondente poderás indicar que tempo fai en cada día, escollendo entre as iconas dispoñibles.

A icona marcada aparecerá sombreada de cor branco e aparecerá indicada ó lado do número do día no calendario



Na parte inferior xerarse en tempo real unha gráfica co tempo dese mes.


Tamén podes indicar a temperatura  que fai ese día (usando o teclado en pantalla ou o teclado físico do equipo), amosándose unha gráfica mensual cos datos (debaixo da gráfica co tempo).


Lembra que podes cambiar de mes premendo as frechas que atoparás antes e despois do nome do mes, por defecto o calendario ábrese sempre na data actual