2 - Estructura e elementos dos xogos
Estas son as opcións/accións dispoñibles en tódolos xogos, con pequenas variacións en función das peculariades de cada un deles.
Na parte superior dereita podes escoller entre galego GAL ou castelán CAST.
- Volta ó menú de xogos. Indica en que xogo te atopas.
- Escoita a palabra/frase en velocidade normal ou lenta.
- Botón atras: volta á anterior palabra/frase (orde normal ou aleatorio)
- Botón adiante: volta á anterior palabra/frase (orde normal ou aleatorio)
- Contador de palabras (só nos xogos de contar palabras). Amosa con dedos as palabras que se escollan no xogo.
- Menú despregable (ver punto seguinte desde apartado do manual)
- Zona de xogo: amosa palabras ou sílabas, que poden ser clickables (para escollelas), ou arrastrables, segundo as caraterísticas do xogo.
- Altofalante: Onde apareza podes escoitar o son que corresponda, segundo as características do xogo.
Podes despregar o menú lateral facendo click en calquera parte do mesmo, ou nos botóns que se inclúen:
Para ocultalo tan só tes que facer click botón correspondente, e para despregalo volver a premer nel.




