5.2 -Comparte, bloquea e borra un cartafol

Poderemos compartir calquera dos nosos cartafoles con outros usuarios, de xeito que os autorizados poidan traballar conxuntamente sobre as UD-UDI e outros documentos do mesmo, modificando e creando novas UDIs dentro do cartafol en cuestión, agás que este se marque como bloqueado, nese caso só poderán copiar pero non modificar os orixinais.




Como comparto un cartafol?:

Desde o menú de configuración do cartafol, antes sinalado, poderás compartilo con outros usuarios da aplicación, ben escolléndoos polo seu nome ou compartíndoo con todos os que teñan o mesmo código de centro no seu perfil. No seguinte vídeo atoparás unha explicación detallada do proceso.



Como bloquear un cartafol compartido?

Un cartafol compartido con outros usuarios permite que todos eles poidan modificar os contidos do mesmo, deste xeito pode traballarse en equipo cooperando, pero pode haber situacións nas que queiramos compartir o curso para que poidan copiar o seu contido a un curso persoal, pero que non poidan modificar o que hai nel.

Para estes casos existe a opción de 'bloquear un cartafol' que só pode facer o propietario (creador) do cartafol, e que permite que os usuarios cos que se comparte só poidan copiar o seu contido pero non modificalo.


Cando un cartafol está marcado como bloqueado, os usuarios cos que se comparten verán como aparece con estas iconas identificativas de bloqueado (segundo o tipo de cartafol), e ó intentar acceder recibirán un aviso informativo, pero si poderán velo entre os cartafoles dispoñibles para copiar e a súas UDIS entre aquelas que poderás copiar.

Para traballar cun cartafol bloqueado ó que esteas convidado, deberás crear un cartafol persoal (ou empregar algún dos que xa teñas creados) e copiar nel os contidos de dito cartafol bloqueado (ver opción de copiado nas diferentes lapelas, nos respectivos apartados deste manual).


Como borro un cartafol?

Para borrar un cartafol que teñas creado tan só tes que escribir como nome do curso a palabra ?borrar' (en minúsculas e sen comiñas) e, como cando se cambia o seu nome, premer fora da caixa do nome do cartafol.

Por razóns de seguridade se o cartafol non está baleiro, é dicir contén algunha UDI, non deixará borrarlo. Lembra que non solicita confirmación de borrado.

Lembra que unha vez borrado un cartafol a acción e irreversible e perderás tódolos contidos que haxa nel, por esa razón o borrado de cartafoles precisa ser creador do mesmo, que este non conteña UDIS e escribir 'a propósito' a palabra borrar, para evitar borrados accidentais.


Como comparto un cartafol desde a APP para teléfonos intelixentes e tabletas?

?Tamén podes compartir un cartafol usando a APP oficial para Android e iOS, usando o código qr do usuario, revisa o apartado correspondente no manual de usuario da APP, para descubrir como facelo.

Accede ó manual na seguinte ligazón:

https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/category/programame-udis-smartphones-tablets-e-reloxos-intelixentes