7.1.1 - Crear unha UDI coa Intelixencia Artificial de Open-AI (ChatGPT)
Limite de 5 usos por día para usuarios/as e ilimitado para colaboradores/as:
Ten en conta que, pola demanda e custo de empregala, o uso das funcións de Intelixencia Artificial que se sinalan de seguido, están limitadas a 5 usos por día para cada usuario/a normal (ás 00:00 de cada xornada ponse o contador a 0).
Na parte superior tes un indicador do número de usos que che quedan para ese día, tanto se eres usuario/a normal (5 usos por día) ou se eres colaborador/a (ilimitadas)
Os integrantes do equipo de colaboradores, pola contra, poden usala de modo ilimitado. Valora se queres facerte colaborador da web para poder usala sen límite cada día, ademais de contar con outras moitas vantaxes.
Como crear unha UDI con Intelixencia artificial (IA):
É posible usar a Intelixencia Artificial de Open-AI (chatGPTI) para crear unha Unidade Didáctica Integrada, a partir dunha temática e un nivel.
Tamén podes crealas, usando a Intelixencia artificial, desde a APP para teléfono móbiles e tabletas, desde a versión 3.1.194.
Escribe un título para a UDI e preme "crear con IA"
Aparecerá una caixa onde debes dar datos para que a Intelixencia artificial poida creala. Cantos máis detalles aportes máis concreto será o resultado.
A UDI creada incluirá unha proposta para cada un dos elementos da mesma, todos eles modificables (obviamente), pero non incluirá os seguintes apartados que deberán ser cubertos manualmente:
- Identificación: será necesario completar os diferentes apartados identificativos e de xustificación da UDI
- As competencias Clave traballadas en cada tarefa deberán marcadas manualmente.
- Avaliación dos elementos curriculares indicados nas actividades e as rúbricas de ser o caso
A intelixencia Artificial de openAI tamén pode marcar os criterios de avaliación, obxectivos e contidos de modo automático. Unha vez creada a UDI (ben en branco o por parta da Intelixencia Artificial), deberás entrar en cada actividade e/ou exercicio para poder:
- Marcar automáticamente por parte de OpenAI os elementos curriculares nas actividades creadas, criterios e obxectivos.
- Marcar automáticamente por parte de OpenAI os elementos curriculares nos exercicios creados: contidos
Ten en conta que o proceso pode tardar varios minutos, debido á carga que teñan os servidores de OpenAI de ChatGPT.
Segundo o idioma no que se escriba o título, ese será o idioma no que supostamente se creará a UDI, segundo interprete OpenAI
Marcar criterios, obxectivos e contidos con Intelixencia Artificial:
Se ben o seguinte vídeo amosa o anterior deseño a funcionalidade explicada é a mesma:
Así podes marcar, usando a Intelixencia Artificial de openAI os criterios, obxectivos e contidos, nas actividades e exercicios que teña a túa UDI (ben fora creada manualmente ou por parte da IA)
Se ben o seguinte vídeo amosa o anterior deseño a funcionalidade explicada é a mesma:
Tan só tes que premer o botón correspondente en cada caso.
Ten en conta que nas actividades, se marcas "máis dun nivel (se existe o planing da área)", a Intelixencia Artificial tenteará marcalos tamén neses niveis
Lembra que a Intelixencia Artificial de openAI fai propostas, sempre limitadas, en base ao seu coñemento do "mundo" e dos datos que aprendeu. Debes sempre revisar as súas creacións e consideralas como un punto de partida, para facilitar o teu traballo, que debe ser adaptada á realidade da túa aula. pero nunha como unha UDI final tal cual a crea.
O uso de OpenAI ten un custo económico que corre a cargo de recursoseducativos.net, polo que para o usuario o seu uso é gratuito, por es razón está limitado no seu número de uso para os usuarios/as "normais", e ten maior número de usos para os colaboradores.
No caso de que, unha vez creada, non se amosen tódolas actividades e exercicios, pode deberse a un erro puntual de OpenAI (por saturación do servizo). Nese caso borra a UDI e volta a creala de novo.








