inicioacceso usuarios/asGALCAST
.

7.8 - Xerar UD-UDIS e documentos

Nesta última lapela é onde se creará tanto a UDI-UD a partir dos datos introducidos nas diferentes sub-lapelas como só a estrutura-mapa da mesma (que vai incluída tamén na UDI-UD completa). Podes facelo de xeito individual ou de varias UD-UDIS á vez, usando a opción correspondente.


En canto se prema nalgún dos botóns dispoñibles aparecerán os documentos solicitados. Podes escoller tamén se incluír os elementos curriculares de tódolos niveis ou dun en concreto.

Lembra que podes xerar tantas veces como desexes facendo os cambios que consideres en calquera das lapelas da aplicación.

Tamén podes descargar a versión odt e docx (para colaboradores) e facer cambios directos sobre o documento, evidentemente, neste caso os cambios non estarán presentes na aplicación.

 

Xerar listas de control/rúbica dun criterio da UD-UDI:

Tamén podes xerar as listas de control dos instrumentos elixidos nas UD-UDIS, para cada criterio  desde a lapela avaliación de cada unha delas. Neste caso sairá elixido aquel que teñas escollido para avaliar o criterio. Escollerás se queres xeralo valeiro ou cun grupo de alumnos/as.

Lembra en todo caso que podes usar o seguimento da UD-UDI online sen necesidade de xerer o documento, directamente desde a aplicación web  ou a APP para smartphones e tablets, sen ter que xerar e imprimir nada. (Máis información aquí, no apartado 7.7 deste manual)

 

 

Xerar un documento, cos datos para usar en PROENS:

Tamén poderás xerar, adicionalmente, os seguintes documentos, que poderás empregar para completar a túa programación e PROENS (especialmente a lista de UD-UDIS cos obxectivos, criterios e contidos traballado/avaliados cos instrumentos)

Tes máis información ó respecto aquí:

 

Os formatos en que poderás descargar os documentos xerados son:

  •  pdf
  •  odt para Libreoffice/Openoffice
  •  docx para Word (só dispoñible para usuarios que formen parte do equipo de colaboradores)