inicioacceso usuarios/asGALCAST
.

A - Uso dos indicadores XADE para o boletín de Educación Infantil

Na etapa de Educación infantil da versión LOMLOE de Prográmame-UDIS, atoparás tamén os indicadores do XADE para incluír nos boletíns trimestrais para as familias. Estes indicadores foron asociados aos diferentes criterios de avaliación, segundo o criterio do creador da aplicación, posto que no XADE figuran únicamente agrupados por bloques.

Á hora de escoller cales figurarán no boletín de cada nivel, área e trimestre, pode resultar de interese os seguintes documentos que se poden xerar cos mesmos en Prográmame-UDIs.

 

Planing comparativo de criterios de avaliación:

Na lapela programación e currículo xerar   planing comparativo por criterios, podes obter o planing comparativo por criterios, que agora tamén pode incluír os indicadores do XADE para cada un deles.


 

Marcando a opción de incluír indicadores do Xade, amosaranse no documento xerado, os indicadores do XADE asociados para cada criterio de avaliación.


 

Currículo das diferentes áreas de Educación Infantil:

Na lapela programación e currículo xerar   currículo, podes obter o currículo de cada área e nivel escollido, incluíndo tamén os indicadores do XADE se o desexas.

 

Marcando a opción de incluír indicadores do Xade, amosaranse no documento xerado, os indicadores do XADE asociados para cada criterio de avaliación.