AXUDA E SOPORTE
Como usar Prográmame no comezo do curso: Ideas, axuda e soporte

No anexo II e III do manual de usuario de prográmame atoparás instruccións sobre como "proceder" ó comezo do curso para empregar o perfil de área do centro (de existir) para elaborar a programación, así como instruccións para poder usar o arquivo CVS do XADE para importar os datos do alumando.

Debes ter en conta o seguinte:

  • Se o teu centro ten elaborado o perfil de área nun cartafol ó que tes acceso (aínda que estea bloqeuado), podes crear un novo cartafol para o curso 2016/2017 e desde el, en programación e currículo, copiar os datos do cartafol do perfil de área. Deste xeito terás cubertos os mínimos de cada estandar, así como outros datos que se introducisen no seu momento.
  • Se o teu centro ten tamén elaborado o perfil competencial (seguramente no mesmo cartafol do perfil de área) seguindo os pasos do punto anterior terás que escoller a opción de "copiar tódolas áreas e niveis para que importe o perfil competencial tamén)
  • Se queres partir da programación que tes feita para no curso pasado, tan só deberás copiar no novo cartafol de traballo o que conteña a programación do curso anterior.
  • Nas 4 etapas dispoñibles, na lapela programación e currículo (na parte dereita) podes descargar un modelo de programación en formato .odt (para libreoffice e openoffice) con instruccións para elaborar a programación, de xeito que se teña que completar con algúns documentos xerados de programáme e se elabore o resto seguindo as instruccións indicadas. Estes modelos están baseados nas recomendacións feitas ós centros e ás ordes citadas na introducción da mesma. Consulta o Anexo II para máis información.
  • No Anexo III podes atopar instruccións para empregar as listas do alumnado do XADE (obtendo un arquivo CVS) para poder introducilas en prográmame (ten en conta que se xa tes introducidos alumnos/as e voltas a introducilos desde o arquivo CVS estes aparecerán duplicados, tendo que borrar manualmente aqueles que desexes, ademais lembra que se tes introducida a cualificación nalgún dos alumnos os novos, en caso de borralos perderás eses datos)

Descarga o manual de usuario de Prográmame (aquí)

No anexo II e III do manual de usuario de prográmame atoparás instruccións sobre como "proceder" ó comezo do curso para empregar o perfil de área do centro (de existir) para elaborar a programación, así como instruccións para poder usar o arquivo CVS do XADE para importar os datos do alumando. Debes ter en conta o seguinte: - **Se o teu centro ten elaborado o perfil de área nun cartafol** ó que tes acceso (aínda que estea bloqeuado), podes crear un novo cartafol para o curso 2016/2017 e desde el, en programación e currículo, copiar os datos do cartafol do perfil de área. Deste xeito terás cubertos os mínimos de cada estandar, así como outros datos que se introducisen no seu momento. - **Se o teu centro ten tamén elaborado o perfil competencial** (seguramente no mesmo cartafol do perfil de área) seguindo os pasos do punto anterior terás que escoller a opción de "copiar tódolas áreas e niveis para que importe o perfil competencial tamén) - **Se queres partir da programación que tes feita para no curso pasado**, tan só deberás copiar no novo cartafol de traballo o que conteña a programación do curso anterior. - Nas 4 etapas dispoñibles, na lapela programación e currículo (na parte dereita) **podes descargar un modelo de programación en formato .odt** (para libreoffice e openoffice) con instruccións para elaborar a programación, de xeito que se teña que completar con algúns documentos xerados de programáme e se elabore o resto seguindo as instruccións indicadas. Estes modelos están baseados nas recomendacións feitas ós centros e ás ordes citadas na introducción da mesma. Consulta o Anexo II para máis información. - No Anexo III podes atopar instruccións para empregar as listas do alumnado do XADE (obtendo un arquivo CVS) para poder introducilas en prográmame (ten en conta que se xa tes introducidos alumnos/as e voltas a introducilos desde o arquivo CVS estes aparecerán duplicados, tendo que borrar manualmente aqueles que desexes, ademais lembra que se tes introducida a cualificación nalgún dos alumnos os novos, en caso de borralos perderás eses datos) [Descarga o manual de usuario de Prográmame (aquí)](http://www.recursoseducativos.net/software/online/programame_udis/manual.pdf?token=08-05-12-21-08-2016)

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


364
0
1
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador