Cando premas a opción engadir alumno verás aparecer o seguinte menú:
Crear grupos de alumnos/as:
A medida que se van engadindo os alumnos iranse creando os grupos correspondentes. Se o nome indicado no campo grupo se corresponde con un grupo xa existente, engadirá a ese alumno/a no grupo, pero se o nome do grupo non existira creará un novo grupo, que automaticamente aparecerá no despregable de grupos/aulas.
Do mesmo xeito, se ningún alumno ten o nome dun grupo, este desaparecerá do despregable.
Se engades o alumnado a partir dun arquivo CSV (ver apartado específico neste manual), o nome do grupo será creado automáticamente, e poderás modificalo unha vez apareza no despregable.