inicioacceso usuarios/asGALCAST
.
inicioacceso usuarios/asGALCAST
← Volver a Prográmame-UDIs - versión LOMLOE (aplicación web) | Manuais de axuda

1.1 - Onde podo usar Intelixencia artificial?

Actualmente Prográmame-UDIS, tanto na súa versión web como na APP, permite usar a intelixencia artificial de OpenAI · ChatGPT para:

  • Crear unha UDI ou unha UD completa a partir dun título e dunha descrición.
  • Marcar os criterios de avaliación dunha actividade.
  • Marcar os contidos dun exercicio.
  • «Avaliar coa IA»: propor criterios, instrumentos, mínimos e rúbricas para os aspectos que queiras valorar.
  • Completar os niveis baleiros da rúbrica dun criterio nunha UD-UDI.
  • Redactar os niveis A, B, C e D da rúbrica dunha proba no caderno do docente, a partir do que indiques que se avalía.
  • «Asistente de IA» nas fichas de seguimento do alumnado: propón unha avaliación breve para cada criterio e completa ou actualiza «Outras anotacións». Para iso usa:
    • os resultados das UD-UDIs do trimestre;
    • as notas e os comentarios do caderno do docente;
    • os positivos e negativos;
    • o anecdotario;
    • o mellor resultado en lecto-escritura.

    Se lle faltan datos, faiche as mínimas preguntas nunha táboa, coas respostas que atopa no caderno xa marcadas para que só teñas que confirmalas. Antes de gardar podes revisar e editar todo, e só se aplica o que marques.

Para «Outras anotacións» podes crear as túas propias plantillas (botón «Plantilla», xunto ao título do apartado), con apartados, liñas para completar e respostas posibles. Podes inserilas na ficha sen usar a IA, e o Asistente de IA tamén as usa para completar ese apartado coa túa estrutura.

Ten en conta que os usuarios e usuarias xerais teñen o uso da IA limitado a 5 veces ao día, polo custo que supón usar esta ferramenta de forma masiva. O contador volve a 0 cada día ás 00:00. Se a IA falla ou non ten datos cos que traballar, o uso non se desconta, e completar o Asistente de IA coas túas respostas tampouco conta como un uso máis. Os colaboradores e colaboradoras da web teñen uso ilimitado.

Podes ver cantos usos che quedan en cada xornada no aviso da parte superior da aplicación web, ou na portada da APP para smartphones e tabletas.