5 - Usando coordenadas específicas para o tempo ou sistema automático

Cando accedes ao aportado -Os meus Epanel-, podes determinar se os datos amosados do panel do tempo debe usar:

  • A ubicación actual na que se atope o dispositivo no que se amose, 
  • Unha ubicación específica que sinales.

A opción por defecto está fixada como automática, é dicir, tomará a ubicación do dispositivo no que se atope, para o que deberemos deixar en branco os campos de latitude de lonxitude.




Se indicas algún valor, opción de coordenas específicas, nos campos latitude e lonxitude, o estado do panel do tempo será amosado para dita ubicación, con independencia da ubicación que obteña o dispositivo.




Como consigo as miñas coordenadas?

Para introducir unhas coordenadas específicas, deberás primeiro coñecer a latitude e lonxitude do lugar en cuestion; podes atopalas en calquera programa ou web de mapas.

Por exemplo usando google maps, tan só teremos que facer o seguinte:

  1. Buscar o lugar e facer click co botón dereito do rato sobre ela.
  2. Veremos aparecer un menú despregable no que o primeiro valor son as coordenadas.
  3. Prememos este par de valores separados por unha coma e xa quedarán copidas.
  4. Tan só deberemos pegar o primeiro valor, antes da coma, no campo latitude, e o segundo no campo lonxitude de -os meus epanel
  5. Preme gardar os cambios.



Por que o sistema automático non detecta correctamente a miña ubicación?

Cando se amosa un e-panel nun navegador web, se non se teñan sinaladas unhas coordenadas concretas tal como se indicou anteriormente, tentará usar a ubicación actual do dispositivo no que se amosen.

Para facelo, solicitará unha autorización que debes confirmar.

Se empregas o sistema automático nun dispositivo que conte con GPS ou sistema de localización máis -axustado-, como por exemplo unha tablet, un smartphone ou certos ordenadores, debería localizar correctamente a ubicación.

Se pola contra, o equipo onde se amosa non conta con dito sistema de -ubicacación fino ou axustado-, o navegador asignará como coordenadas aquelas do seu acceso a internet, que non teñen porque coincidir exactamente co lugar onde se atope o dispotivo, senón -onde se produce o acceso a internet-, de ahí que non se amose correctamente.

Neste segundo caso, se observas que o sistema automático non amosa unha ubicación correcta ou moi axustada, deberás usar o modo manual antes sinalado.