7.4 - Tarefas/Situacións de aprendizaxe (ou temas), actividades e exercicios
Nesta lapela cubriremos os aspectos correspondentes á/ás tarefa/tarefas/situacións de aprendizaxe da nosa UDI, ou tema/s no caso de ser unha UD, indicando os datos que corresponda, así como das actividades e exercicios, que atoparás na parte inferior da páxina.
Tarefas/Situacións de aprendizaxe - Temas:
Completaremos os apartados correspondentes ó tema/tarefa/situación de aprendizaxe, aparecerá un termo ou outro (tema ou tarefa/situación de aprendizaxe), segundo sexa unha UD ou unha UDI, pero o funcionamento e o mesmo en ambos casos.
- Escolle entre as tarefas/situacións de aprendiezaxe/temas dispoñibles na UD-UDI
- Engade unha nova tarefa/situación de aprendizaxe/tema
- Ordena as tarefas/situación de aprendizaxe/temas dispoñibles (tamén podes facelo desde a sub-lapela estrutura.
- Nome da UD-UDI na que se está a traballar
- Indica o nome do producto final, no caso dunha tarefa, ou o título no caso dun tema
- Inclúe unha explicación da tarefa/situación de aprendizaxe/tema e os obxectivos específicos da mesma
- Marca as Competencia Clave que se traballarán, se non se marca ningunha aparecerá un aviso en vermello recordándoo.
Unha vez rematada esta parte, desplázate á parte inferior onde aparecerán as actividades e exercicios.
Actividades e exercicios:
Nesta segunda parte da lapela iremos creando as diferentes actividades cos seus correspondentes exercicios para a tarefa/situación de aprendizaxe (ou tema) seleccionada.
Deberás completar os diferentes campos dispoñibles tendo en conta as seguintes funcionalidades:
- Escolle entre as actividades dispoñibles
- Engade unha actividade ou exercicio
- Borra a actividade ou exercicio
- Ordena as actividades ou exercicios
- Escribe o texto da actividade
- Engade un adxunto ou imaxe
- Escribe o texto dos exercicios
- Fai click para escoller os criterios a traballar na actividad
- Fai click para escoller os contidos a traballar no exercicio
Se escolles a opción de ordear as actividades, exercicios e tarefas/situación de aprendizaxe (temas), verás aparecer un menú no que poderás movelas arrastrando desde as asas (lembra que tamén podes facelo na sub-lapela estrutura.
Para cada actividade tan só deberemos escoller os criterios a traballar e automaticamente a aplicación introducirá os obxectivos correspondentes. Tan só haberá que premer no campo criterios, e na ventá que aparece ir marcándoos ou desmarcándoos, e automaticamente os cambios se aplicarán na actividade.
- Escolle entre os niveis e áreas
- Amosa só os criterios marcados
- Busca entre os criterios da área e nivel escollidos
- Indica os niveis para os que engadirás o criterio se premes +/-
- Marca o criterio no nivel actual
- Marca o criterio nos niveis sinalados
- Amosa as UD-UDIS nas que se marcou como traballado este criterio
- Marca os criterios agrupados no tipo elexido
- Proba a marcalos con intelixencia artificial, a partir do título da actividade e o contexto (revísaos e complétaos unha vez marcados)
Se deixas o rato sobre o título da actividade poderás ver os exercicios que contén, esto é útil cando está depregada a ventá cos criterios que cubren os exercicios.
Lembra que os cambios nos criterios dan lugar a actualización dos respectivos obxectivos, polo que non terás que escollelos (prográmame faino por ti ;) ). Estes cambios gárdanse automaticamente, pero os cambios os restantes campos: descrición, modelos de pensamento, agrupamentos, exercicios.... deben gardarse co botón de gardado presente en cada lapela.
Para traballar cos contidos dos exercicios o funcionamento é análogo ó anterior, tan só deberemos premer na caixa de contidos de cada exercicio, para escollelos dentro dunha ventá emerxente. Prográmame amosará só os contidos dispoñibles segundo o bloque dos criterios que foran seleccionados, de xeito que sexa máis doado atopalos. Se o desexas tamén podes buscar 'por palabra' entre tódolos contidos do nivel (estean ou non dentro do criterio marcado)
- Escolle entre os niveis
- Marca o contido para este exercicio no nivel
- Marca o contido para este exercicio de tódolos niveis de infantil - Só dispoñible en infantil
- Busca entre os contidos do nivel, con independencia de que estean ou non no bloque dalgú dos criterios escollidos
- Amosa as UD-UDIS nas que foi marcado o contido como traballado nalgún exercicio.
- Proba a marcalos con intelixencia artificial, a partir do título do exercicio, da actividade e o contexto (revísaos e complétaos unha vez marcados)
Desmarcar tódolos criterios e contidos dunha actividade:
Nalgúns casos queremos valeirar unha actividade de criterios e contidos, por exemplo cando copiemos unha UD-UDI pública na que queiramos escoller os nosos elementos curriculares, ou mesmo se foi deseñada para outro nivel. Tan só deberemos premer a opción correspondente..








