7.7 - Seguimento de UD-UDIS co alumnado e dos exercicios traballados
Este apartado permite introducir os resultados observables de cada un dos criterios traballados na UDI-UD seleccionada, que estean marcados como avaliables con rúbrica ou lista de control con seguimento (ver punto 7.5 deste manual), para cada alumno introducido na aplicación (ver manual de usuario da xestión de "Alumnado e grupos" desde aquí).
Tamén podes facer o seguimento de UDIS-UD desde a APP para iOS e Android na ficha de cada alumno/a.
Lembra que existe no apartado alumnado e grupos un anecdotario e un caderno do docente como complemento deste sistema de seguimientos de UDIS-UD.
Ver o seguimento dos exercicios traballados na UD-UDI:
Neste mesmo apartado, antes de premer no botón de facer seguimento, verás dun modo visual, aqueles exercicios xa traballados e pendentes de traballar. Consideramos como traballado os exercicios (ou actividades completas),
Facer seguimento do alumnado na UD-UDI:
Cando premamos a sub-lapela seguimento deberemos escoller, primeiramente con que grupo de alumnos/as queremos traballar e prememos o botón 'FACER SEGUIMENTO' ben de modo individual para cada alumo/a ou en modo grupo para cada instrumento:

A opción de filtrar por etiquetas pode usarse para grupos mixtos, deste xeito só se amosará o alumnado que teña unha etiqueta co nivel elixido, en non todos os almnos/as do gruop.
Seguimento do alumnado por grupo (na UDI-UD):
Cando premamos en facer seguimento, veremos cada un dos instrumentos da UDI-UD marcados como lista de control ou rúbrica pero, a diferencia do modo individual aquí veremos cada un dos estándares ou indicadores con ditos instrumentos, e poderemos indicar os resultados nun listado de alumnos/as do grupo.
Escollemos a lista de control ou rúbrica, do correspondente criterio, para facer o seguimento, cun indicativo gráfico do que se fixo seguimiento ou non.
Tan so terás que cubrir os resultados para cada alumno/a. Prememos volver á lista para continuar cos demais instrumentos.
Tamén na APP para smartphones e tablets:
Lembra que tamén podes empregar ambas versións de seguimento desde a APP oficial para iOS e Android, descárgaa na App Store ou en Google Play.
Consulta o apartado específico sobre a APP para smartphones, tablets e reloxos intelixentes neste mesmo manual.
Onde vexo os resultados?
Tanto na versión web ,como na APP para tabletas e teléfonos intelixentes, atoparás os resultados destes seguimento das UDIS-UD, nos seguintes lugares:
- No "caderno do docente" na lapela "alumando e grupos", terás estes resultados convertidos a valores numéricos na "columna" UDIS-UD. (ver manual aqui)
- No apartado "fichas se seguimento" na lapela "alumnado e grupos" poderás ver os resultados do seguimentos das UDIS-UD, para cada criterios, o cal axudará a redactar as anotacións correspondentes. (ver manual aquí)
- En "seguimento UD-UDIS" na lapela "alumando e grupos", onde terás un informe gráfico (con cores) do seguimento nas diferentes UD-UDIS do cartafol. (ver manual aquí)







