2 - Crear un novo acurtador abrir.gal

Cando teñas entrado na xestión dos teus acurtadores, tan só tes que premer no botón -crear novo acurtador-.

No novo formulario que verás tes que escoller:

  • Un nome para o acurtador. Así se por exemplo escribes como omeucolexio, o enderezo resultante seria omeucolexio.abrir.gal
  • Escribir ou pegar a URL da web que se abrirá cando se acceda ao enderezo acurtado (no noso exemplo omeucolexio.abrir.gal)



Os nomes dos acurtadosr, obviamente, teñen que ser únicos, por esa razón se tentas engadir un nome que xa estea usado por outro usuario recibirás un aviso e terás que escoller outro alternativo.

Ten en conta que nos nomes dos acurtadores só podes empregar letras (agás ñ e caracteres con til ou diérese), números, - e _. O resto de caracteres que sexan introducidos serán eliminados cando gardes os cambios.