3 - Modificar ou borrar un acurtador abrir.gal

Modificar un acurtador:

Para modificar un acurtador, tanto o o seu nome, como a url asociada, tan só tes que premer na icona de edición daquel que queiras cambiar e, no formulario que aparece, facer os cambios que consideres. 

Ten en conta que se o nome do acurtador que queiras cambiar xa estivese en uso, recibirás un aviso de que escollas outro.




Borrar un acurtador:

Se queres borrar un acurtador, tan só tes que editalo (tal como se indica anteriormente) e deixar en branco tanto o nome do acurtador como a url, cando gardes os cambios será eliminado de túa lista.


No momento en que cambies o nome dun acurtador ou este sexa borrado, o mesmo quedará dispoñible para ser empregado por calquera outro usuario/a rexistrado/a.