A aplicación do -Dicionario online- permite ao alumnado buscar, de modo moi sinxelo, imaxes a partir da escritura de palabras. Co resultado atopado poderá imprimir imaxes das mesmas, tanto en tamaño grande como o número que se indique delas en menor tamaño.
As imaxes/palabras dispoñibles no son de dous tipos:
Cando para unha mesma palabra exista una imaxe no fondo común de imaxes e na carpeta persoal, se se ten accedido con código QR ou usuario/contrasinal, será amosada primeiramente a imaxe persoal e, en caso de non existir usarase a imaxe do banco común.
O banco común de imaxes é xestionado polo administador do sitio, polo que non poderás engadir nin borrar imaxes ao mesmo, pero si podes facelo na túa carpeta/dicionario persoal, tal como se sinala no apartado correspondente deste manual.
As imaxes do fondo común son de creación propia ou do sitio https://pixabay.com/es/, todas elas libres de dereitos
Consulta o seguintes apartados deste manual para coñecer como empregalo e xestionalo.
Onde podo atopar o meu dicionario online?:
Como usuario rexistrado de recursoseducativos.net, tes un dicionario online dispoñible de modo automático. Tan só tes qeu acceder cos teu usuario e contarsinal e entrar no aparado -As miñas aplicación- do menú superior.
Alí atoparás un acceso ao teu dicionario online.