2 - Engadir unha nova ligazón. Podo ver como queda o panel público?

Podes engadir calquera tipo de URL (ligazón), premendo a icona -máis- dentro do propio panel. Este botón aparece sempre ao final do panel, xusto onde se situará a nova ligazón que engadas.


Na nova caixa que se abre tes que introducir:

  • A url (ligazón web) que se abrirá.
  • O texto que aparecerá na caixa da ligazón
  • Tamaño da caixa (por defecto pequeno), podes escoller no despregable.
  • Cor da caixa da ligazón (por defecto branco), podes escoller outro premendo no botón coa cor.


Ten en conta que para que sexa aberta correctamente debe comezar sempre por http:// ou https://

No caso de que queiras introducir unha conta de correo electrónico, para que sexa recoñecida como tal debes comezala por mailto: (por exemplo info@oscarabilleira.com)



Podo ver queda o panel público?

Podes ver, en calquera momento, como queda o panel que verán os demáis (panel público), premendo no botón etiquetado como - ver este panel-

Es nova páxina será a que verán os visitante cando accedan a url do teu panel ou ao código insertado nun blog ou web (ver apartado correspondente neste manual)