5 - Engadir unha imaxe de fondo. Que iconas se inclúen con cada ligazón engadida?

Ademais de cambiar a cor do fondo de cada ligazón, tamén podes poñer no seu lugar unha imaxe significativa.

No caso de existir fondo con imaxe a apariencia será levemente diferente, para facilitar a súa visualización (incluíndo a icona identificativa en pequeno).

Se pola contra, non escolliches unha imaxe para o fondo, a icona ocupará toda caixa da ligazón.



 

Como engado unha imaxe de fondo? Como a elimino?

Para engadir unha imaxe de fondo, terás que crear primeiro a ligazón e, unha vez feita, editar as súas características (tal como se indica no apartado correspondente deste manual).

Na ventana de edición atoparás unha opción para subir unha imaxe de fondo (imaxe en jpg) así como para eliminala.


Que iconas se inclúen con cada ligazón engadida?

As iconas que se amosan en cada ligazón, son detectadas automáticamente pola aplicación, incluíndo unha miniatura no caso de vídeo e imaxes, ou unha icona identificativa.

No caso de no atopar ningunha icona amosará unha imaxe xenérica de -ligazón- de cor azul.

Este sistema está en constante actualización incluíndo novas iconas identificativas, cada pouco.

Se precisas que algunha web, non dispoñible actualmente, teña a súa icona, contacta con info@recursoseducativos.net