3 - Editar unha ligazón: cambiar texto, url, cor, tamaños dispoñibles e orde das ligazóns

Cada ligazón engadida pode ser modificada tantas veces como consideres, de modo individual. Tan só tes que premer na icona de edición (lapis) para expandir a caixa de edición.

Nela podes cambiar ademais da url e o texto, a cor da caixa de ligazón e o tamaño a mesma. Asemade tamén poderás modificar o número de orde da ligazón e engadir unha imaxe de fondo.



Tamaños dispoñibles:

En cada ligazón que engadas poderás optar por tres tamaños, que sempre podes cambiar editando dita ligazón:

  • Pequeno: cadrado sinxelo coa ligazón
  • Longo: rectángulo do dobre de longo que o pequeno.
  • Grande: cadado do dobre de longo e o dobre de ancho do pequeno.

As ligazóns tentarán acomodarse ao esapzo dispoñible, se ben en ocasións é posible que queden ocos no medio por non poder acomodolos segudo o tamaño.

Podes axustalo cambiando o tamaño dalgunha das ligazóns ou ben mudando a súa orde, para que encaixen no lugar que queiras.


Cambiar a orde das ligazóns:

Cando se engade unha ligazón esta e situada na última posición, asignándoselle o último número dispoñible no panel (o máis alto posible).

Podes cambiar o número de orde de calquera das ligazóns, editándoas e escribindo un novo número.

No caso de existir dúas ligazóns co mesmo número, amosarase antes aquela que foi creada primeiro, neste caso sería aconsellable cambiar un dos números duplicados por outro dispoñible, para forzar a ordenación buscada.

Podes ver o número de orde de cada ligazón, nan propia caixa, ao lado da icona de edición.