Para que o alumnado poida empregar moitas das opcións desta aplicación precisarás crear uns carnets QR para cada alumno/a e contar cun equipo que teña unha webcam instalada asi como o plugin flash para o navegador que empregues.
Os nenos/as poden tamén empregar a aplicación sen usar o carnet QR ou se se non se conta cunha webcam no equipo, pero nestes casos únicamente poderán imprimir a portada pero non controlar o préstamo, rexistro e outras funcións da aplicación.
Para que os teus alumnos/as poidan crear o seu carnet QR, tan só deberás deseñar un modelo de carnet e pegar nalgún lado do mesmo, con un tamaño axeitado para ser lido pola web, o código QR único para cada alumno que o identificará na aplicación.
Consulta o manual específico ó respecto na seguinte ligazón: