1.4 - Os alumnos/as rexistran os libros que levan para casa (versión web)

Cando un neno/a teña xa elexido o seu libro chega a momento de facer o rexistro do mesmo (preferiblemente por parellas), par elo deberá acceder á aplicación da biblioteca online (podes ver como a temos enlazada no blogue do noso centro http://edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=taxonomy/term/50 )

Xa dentro da aplicación deberá escribir o número no campo correspondente e premer o botón -BUSCAR- ou enter.


Como no caso do exemplo anterior, se se trata dunha colección aparecerán tódolos libros da mesma, se se trata dun único libro este seá o que apareza.

Con cada libro o neno/a pode escoller entre engadir á cola de impresión o libro ou rexistrarlo co carnet QR (que permitirá logo tamén engadir á cola de impresión dita portada), só no segundo caso quedarán almacenados os datos, se só se envía á cola de impresión non se gardará nada.


Cando se preme o botón da impresora coa icona +, a portada engádese á cola de impresión, que está presente na parte dereita da pantalla, alí vanse ir acumulando tódalas portadas, para imprimilas cando se desexe.


Como funciona a cola de impresión?:

Na cola de impresión vanse almacendo as imaxes das portadas que foron rexistradas  co código QR o carnet,  ou que directamente foron engadidas á cola, co botón da impresora coa icona +. 

Podes imprmir a cola de impresión en calquera momento, empregando o botón da impresora que está presente na parte superior (1).

Ten en conta o seguinte ao respecto da cola de impresión:

  • A cola de impresión valéirase  en canto se abre o menú de imprimir, imprímase ou non finalmente.
  • Podes engadir á cola tantas portadas como consideres, se non caben nun folio, pasará ó seguinte á hora de imprimilas.
  • Podes eliminar calquera portada da cola de impresión, na icona correspondente (2),  esto SÓ elimina a portada da cola de impresión, pero non marca o libro como devolto (para iso consulta o apartado correspondente neste manual.




Xa coa portada impresa poderá empregala para pegala no libro de rexistro (xunto co seu nome, título do libro, número do libro, data... ou calquera outro dato que e quiera.

Tan só quedará gardalo na carpeta ou lugar que se considere e poderá levalo para a súa casa.

Podes ver un exemplo de como se pode empregar a aplicación na aula, nas seguinte entrada do blogue do meu centro: http://edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2145