É posible ver quen levou libro, rexistrado la biblioteca online, desde a súa inclusión na aplicación, desde este listado tamén poderemos marcar un libro como devolto, de ser o caso.
Pode facerse desde a web ou desde a APP, sempre e cando se acceda co usuario e co contrasinal (non co carnet QR do alumnado)
Acceso ó histórico de préstamos desde a web:
Tan só tes que buscar un libro polo seu número, e verás aparecer un botón que da acceso ó histórico de préstamos deste.
Tamén podes acceder a este histórico se buscas un libro por palabras, usando o botón correspondente (sinalado co círculo vermello na captura anterior).
Novamente só poderás ver esta opción se tes accedido co teu usuario e contrasinal.
Acceso ó histórico de préstamos desde a APP:
Desde a APP para smartphones ou tablets, tan só terás que escanear o código QR do libro (desde a versión 3.1.132) e verás aparecer, entre outras, a opción de ver o histórico de préstamos para ese libro.
Marcando un libro como devolto desde o histórico de préstamos:
Tanto na versión web como desde a APP, unha vez dentro do listado histórico de préstamos, poderemos marcar o libro como devolto, de ser o caso.
Consulta outros apartados do manual, para descubrir outros modos alternativos para marcar libros como devoltos.