1.5 - Marcando as devolucións de libros prestados (versión web)

Unha vez se traia o libro de volta á aula, só se se rexistraron se seu canet QR, chega o momento de marcalos como devoltos na aplicación, para o que deberá accederse co carnet QR de cada alumno desde a opción correspondente.



Un libro queda marcado como devolto nestes casos:

  • a) cando se marca como tal desde a opción antes indicada.
  • b) cando ese mesmo libro e rexistrado por outro alumno pasa a quedar devolto en tódolos demais rexistros anteriores. Esto faise por se se esquece de marcalo como devolto ou se non se quere empregar esta opción.

Tamén poderás marcar un libro como devolto desde o panel de xestión da biblioteca para mestres/as (ver punto correspondente deste manual). Desta forma poderás comprobar se o alumnado levou a cabo correctamente a devolución dos libros cos seus carnets QR.

Bastará con premer ?devolver libro? e poderemos ?filtrar os resultados? para ver a lista de libros pendentes de devolver, desde a opción correspondente no xestor de biblioteca.

Outra opción coa que poderás marcar un libro como devolto, é acceder ó seu histórico de préstamos, e marcar a devolución desde ahí. Consulta o apartado específico sobre o histórico de préstamos para máis información ó respecto.