Desde a APP (versión 3.1.142 ou superior), no menú máis atoparás un apartado onde ver as túas gardas, que aparecerán organizadas en tres bloques diferentes:
- Gardas na axenda de anotacións.
- Gardas no diario de clase.
- Gardas nos meus arquivos.
O funcionamento dos tres bloques é idéntico, posto que aparecerán listados nos mesmos aqueles elementos que inclúan o termo -garda-, coas seguintes consideracións:
- Tódalas citas anotadas na axenda que conteñan o temo garda, e con data posterior o momento actual, serán amosadas, con independencia de que teñan ou non aviso.
- Tódalas actividades, exercicios ou sen clase, do diario de clase, que conteñan a palabra garda serán amosados, sempre e cando se atopen nun horario marcado como plantilla.
- Tódolos ficheiros que teñas no apartado -os meus arquivos-, que no nome teñan o termo -garda- serán amosados.
- No caso dos elementos do diario e arquivos, se ademais do termo garda figura un dos seguintes termos, incluirán tamén iconos idenficativos:
- Autobús: debe incluír, ademais de garda, a palabra autobús (p.e garda de autobús, gardas autobús...)
- Clase: debe incluír, ademais de garda, a palabra clase (p.e. garda de clase, garda de vixilancia en clase...)
- Recreo: debe incluír, ademais de garda, a palabra recreo (p.e. garda de recreo, recreo garda...)
- Para eliminar unha garda debes borrala no apartado correspondente, agás nas citas da axenda que desaparecerán en función da data das mesmas.
- No caso dos elementos do diario de clase, indícase tamén a hora que figure no horario e o texto completo da mesma.