Podes atopar información sobre PROENS e como obter datos en prográmame-UDIS, ó final deste artigo.
Durante o período de implantación do currículum da LOMLOE, na aplicación para smartphones e tablets, convivirán ambas versións.
Desde a versión 3.1.134, no apartado configuración poderá escollerse dentre se empregar o currículum da LOMCE ou da LOMLOE. E desde a versión 3.1.140 é posible acceder directamente á configuración premendo o nome LOMLOE ou LOMCE (segundo o caso), abríndose a caixa de configuración.
Debes ter en conta o seguinte:
No apartado UDIS verás aparecer un indicativo do currículo que estás a empregar. Tamén podes consultar a túa elección no apartado configuración, facendo click na imaxe do teu usuario.
Se premes neste indicativo (desde a versión 3.1.140) accederás ó apartado configuración, onde poderás cambiar de etapa. Tamén podes facelo entrando na configuración (no avatar ou no menú -máis- da cabeceira)
Podes cambiar entre ambos currículos no apartado configuración (premendo sobre o teu avatar). Desde a versión 3.1.134
Podes ver as diferencias entre ambas versións así como a folla de ruta de implantación en Prográmame-UDIS, na seguinte ligzón:
https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/0-diferencias-entre-as-versions-lomce-e-lomloe
Podes descubrir como descargar os datos das UD-UDIS que teñas en prográmame-UDIS, par usar en PROENS, de seguido