1.2 - Como accede o alumnado ó calendario? Conseguir e usar a súa ligazón.
Para poder empregar o calendario online na túa aula, e que o alumnado poida acceder ó mesmo, precisarás buscar a forma de que esta accesible desde un ordenador (ou outro dispositivo) con acceso a internet:
- Cun acceso directo desde o escritorio
- Cunha ligazón na web/blog do centro/aula.
- Cun acceso como favorito desde o navegador.
- etc..
Por exemplo, este é o modo en que o temos enlazado na web do noso centro.
Sexa cal sexa a forma de acceso pola que optes, precisarás a ligazón (URL) que te leve concretamente ó teu calendario, para un grupo concreto. Se só contas cun grupo de alumnos/as no fará falta que escollas a grupo no despregable posto que cargará por defecto (tamén sucede isto co primeiro grupo que teñas en orde alfabética.
A ligazón ó teu calendario podes conseguila , escollendo o grupo no despregable (de ser preciso) e premendo no botón - copiar url deste calendario- na parte inferior do mesmo. A ligazón quedará copiada e poderás pegala onde queiras.

