2 - Alternar entre o modo e visualización normal e o modo PICTO
No calendario online podes alternar entre a visualización convencional, explicada nos puntos anteriores do manual e unha versión denomida PICTO. na cal só se amosan as iconas do horario cada día, pero sen amosar a táboa do calendario.
https://www.youtube.com/embed/qs4q4q7RjjY
Neste modo PICTO as iconas amósanse de maior tamaño ocupando cada día, en modo horizontal, todo o ancho da pantalla.
Para activalo, tan só tes que premer a opción correspondente, unha vez teñas accedido, ben con carnet QR ou cos teus datos como usuario rexistrado (docente). Podes alteranar sempre que o desexes entre ambos modos, premendo -restarurar- para volver ao modo de visualizción normal.
Podes marcar cada unha das iconas da xornada, destacándoas do resto.
Para voltar ao modo de visualización convencional preme a opción restaurar.
Todo o aplicado nos anteriores puntos deste manual é tamén de aplicación ao modo Picto.

