Na zona de debuxo podes escoller se amosar a barra de ferramentas con orientación hoizontal ou vertical, empregando o botón dispoñible en cada caso, para ir alternando entre os dous modos.
En ámbolas dúas orientacións (vertical ou horizontal), é posible mover a barra de ferramentas a calquera lugar da pantalla que resulte cómoda e accesible. Tan só hai que facer click na icona correspondente, e sen soltala, arrastrar a barra pola pantalla.
Ata que non se volte a cargar o calendario, ou se cambie de mes, manterase a posición e orientación da barra no lugar en que a deixamos a última vez que se emprego