1.8 - Ordenar as letras móbiles do nome

Accedendo con contrasinal ou con código QR, premendo sobre a icona das - letras - abrirase unha nova ventá onde poderá escollerse un dos nomes (por exemplo o encargado do día), da lista de alumnos/as do calendario,  arrastrar as letras do nome para ordenalas. As letras aparecen ordenadas aleatoriamente cada vez que se preme o seu nome.


Lembra que os nomes que aparecen son os indicados no campo - nome sinxelo para o calendario- na xestión do alumnado. Amosarasé tal como estea escrito en dito apartado (maiúsculas ou minúsculas).

Tan so hai que arrastrar cada letra para colocala na orde correcta.



Tamén se pode indicar o número de letras que ten, escolléndoo nos botóns que está debaixo. Se o número introducido é correcto recibirá un aplauso ;)