Ó lado do calendario aparecen os nomes dos días da semana, sinalado en cor verde o día actual. Podes facer que en cada un dos días aparezan as iconas representativas, ou as fotografías dos mestres/as que estarán na aula esa xornada.
O día actual, de cor verde, sempre aparecerá despregado, podes abrir os outros facendo click sobre o seu nome.
Para poder amosar estas icona terás primeiro que subilas e escollelas para cada día, explicaremos como facelo neste apartado do manual.
O contido deste horario lateral só pode visualizarse se se accede con usuario e contrasinal ou co código QR dun alumno/a do grupo, posto que pode incluír fotografías de mestres/as.
Subir as iconas e xestionar o horario de cada día:
Para subir as iconas e fotografías que queiras amosar no horario de cada día ó lado do calendario, terás que acceder co usuario e contrasinal como mestre/a, nese momento verás aparecer na parte inferior un botón para a xestión de iconas do horario.
Premendo neste botón despregarase un novo menú onde poderás ir subindo novas iconas ou fotografías (imaxes en formato jpg), ó teu banco de iconas, para logo escollelas no horario de cada un dos días.
En canto accedas á xestión das iconas do horario ocultaranse, para traballar con comodidade, as estatísticas do tempo. Ditas estatísticas voltarán a ser visibles se se pecha a caixa de xestión de iconas (premendo novamente sobre o título da mesma), ou canto se volte a recargar a páxina do calendario.
Coas imaxes do teu banco, podes ir indicando nos despregables de cada día, o nome das iconas que queres amosar, así como a orde en que facelo (ese nome será o que indiques cando subas cada unha das imaxes).
Lembra premer gardar en cada dia cando teñas elixidas ou cambiadas as iconas. Poderás tamén borrar unha icona subida premendo na opción correspondente.
Para desmarcar unha icona dun día concreto, tan só tes que poñer o despregable na opción - escolle - . Para indicar cunha liña vermella o momento do recreo, deberás escoller no despregable - recreo -.
Só podes subir imaxes en formato jpg e debes indicar un nome para cada unha delas.