Contas tamén cunha zona de 'debuxo ou trazo manuscrito', pensada para ser empregada nun Encerado Dixital Interactivo. Nela poderá debuxarse (escribir) escollendo diferentes cores, imprimila e descargala.
Os diferentes debuxos irán sendo almacenados asociados a cada alumno/a, elexido antes de comezar a debuxar. Deste modo poderás, usando a opción de visualizar, facer un seguimento da evolución dos debuxos do mesmo alumno/a co paso tempo (por exemplo representación do esquema corporal, escritura...)
Tan só terás que acceder desde a icona correspondente e escoller (unha vez feito esto) o alumno ou alumna que vai a debuxar.
Unha vez dentro contarás coas ferramentas de trazo, borrado, cores, así como a de impresión, gardado, descarga, visualización e borrar (limpar) todo o debuxado/escrito. Todas elas veñen indicadas con iconas moi intuitivas, fáciles de identificar polo alumnado.
As opcións dispoñibles son as seguintes:
A ferramenta de debuxo conta con auto-gardado, de xeito que con cada trazo, o debuxo é gardado de forma automática asociado ó alumno/a con data do mesmo. De todos modos podes tamén empregar o gardado manual, empregando botón correspondente, se ben non é preciso.
Visualizando os debuxos dun alumno ou alumna:
Podes visualizar tódolos debuxos feitos por un alumno ou alumna ó longo do tempo, de modo que se poida ver a súa evolución (e borrar algunha se se desexa), usando calquera das seguintes vías:
Unha vez dentro da lista poderás borrar aquelas que desexes, ou ver de forma individual calquera delas.
Na APP para smartphones e tablets, podes acceder desde o botón correspondente