0 - Como obter documentos cos datos para introducir en PROENS
Desde prográmame-UDIS, podes obter unha serie de documentos para empregar, e completar en diferentes apartados de PROENS, a aplicación oficial da Consellería de Educación, para:
- Axudarte a completar algúns dos apartados das programacións didácticas en PROENS.
- Poder usar o "borrador de ACS" creado en prográmame-UDIS como documento de guía, para introducir os datos no apartado Adaptación Curricular, dispoñible en PROENS. Consulta a información ao respecto do uso dos borradores de ACS e PROENS na seguinte ligazón: https://info_acs.abrir.gal
Consulta os seguintes sub-apartados desde manual, para atopar información detallada sobre como usar os documentos xerados por Prográmame-udis en PROENS, nas programacións didácticas e nas Adaptacións Curriculares.