No apartado de avaliación docente poderemos indicar que aspectos imos avaliar en relación á nosa práctica docente, cando levemos esta tarefa/situación de aprendizaxe á aula. Os apartados de reflexión e propostas de mellora están pensados para ser cubertos unha vez se poña en práctica a UDI-UD na aula.
Na sub-lapela familias completaremos as relacións e colaboración dentro da UDI-UD coas familias e outras entidades participantes na mesma. Asemade tamén indicaremos de que forma imos a divulgar a tarefa/situación de aprendizaxe, xa que se trata dun produto final socialmente relevante.