7.7 - Seguimento de UD-UDIS co alumnado e dos exercicios traballados

Este apartado permite introducir os resultados observables de cada un dos criterios traballados na UDI-UD seleccionada, que estean marcados como avaliables con rúbrica ou lista de control con seguimento (ver punto 7.5), para cada alumno introducido na aplicación (ver manual de usuario no seu apartado 8 ).

Tamén podes facer o seguimento de UDIS-UD desde a APP para iOS e Android na ficha de cada alumno/a.

Lembra que existe, na lapela programación e currículo, a opción para cualificar ó alumnado para o curso usando instrumentos de avaliación agrupados. Asemade no apartado alumnado e grupos poderás atopar un anecdotario e un caderno do docente como complemento deste sistema de seguimientos de UDIS-UD.

Desde este mesmo apartado, poderás tamén facer o seguimento dos exercicios xa traballados, considerando como tal aqueles introducidos no diario de clase do cartafol (con data posterior ó 22 de febreiro de 2022). Esta opción tamén está disponible na app (actualízaa á ultima versión)


Facer seguimento do alumnado na UD-UDI:

Cando premamos a sub-lapela seguimento deberemos escoller, primeiramente con que grupo de alumnos/as queremos traballar e prememos o botón 'FACER SEGUIMENTO' ben de modo individual para cada alumo/a ou en modo grupo para cada instrumento:



Facer seguimento dos exercicios traballos na UD-UDI:  

Neste mesmo apartado verás, dun modo visual, aqueles exercicios xa traballados e pendentes de traballar. Consideramos como traballado os exercicios (ou actividades completas), incluídas no diario de clase coa opción - desde UD-UDI - (con data posterior ó 22 de febreiro de 2022).





Modos de seguimento do alumnado:


Existen dous modos de facer o seguimento:

A - Modo individual por alumno/a:

O primeiro paso será escoller o alumno/a e o nivel que queremos avaliar, veremos aparecer tantos niveis como estándares teñamos marcados como avaliables na UDI-UD para ese nivel. Se por exemplo só se marcan niveis de 1º de primaria aparecerá como elexible únicamente 1º.



Unha vez escollido veremos aparecer o listado de criterios de avaliación indicados na UDI, para cada lista de control ou rúbrica poderás ir facendo o seguimento dos aspectos observables.




B - Modo de seguimento por grupo:

Se optamos polo modo de seguimento por grupo, vermos cada un dos instrumentos da UDI-UD marcados como lista de control ou rúbrica pero, a diferencia do modo individual aquí veremos cada un dos estándares ou indicadores con ditos instrumentos, e poderemos indicar os resultados nun listado de alumnos/as do grupo.




Escollemos a lista de control rúbrica, do correspondente criterio, para facer o seguimento.

Tan so terás que cubrir os resultados para cada alumno/a do grupo.




No seguinte vídeo tes explicado o proceso a seguir en ámbolos dous modos:


Tamén na APP para smartphones e tablets:

Lembra que tamén podes empregar ambas versións de seguimento desde a APP oficial para iOS e Android, descárgaa na App Store ou en Google Play.

Consulta o apartado específico sobre a APP para smartphones, tablets e reloxos intelixentes neste mesmo manual.