Unha Unidade Didáctica Integrada (UDI) é a planificación sobre o papel dunha tarefa integrada/situación de aprendizaxe, na cal se establecen tarefas/situacións de aprendizaxe (cos correspondentes produtos finais socialmente relevantes), actividades e exercicios asociados ós diferentes elementos do currículum, incluíndo a súa avaliación e outros elementos programáticos tales como materiais, agrupamentos, temporalización, etc.
Pola súa banda unha Unidade Didáctica (UD) recolle a planificación de actividades e exercicios, cos elementos antes indicados para as UDI, sen que exista un produto final nin relación entre actividades e exercicios de cara a acadar o produto final.
Na explicación do vídeo, se ben está orientado á LOMCE, o funcionamento é exactamente o mesmo coa LOMLOE, pero en lugar de escoller estándares farase cos criterios de avaliación; usando o mesmo proceso aquí indicado.
Prográmame emprega o modelo de UDI do CEIP. Pedro Antonio Cerviño para a planificación das tarefas/situacións de aprendizaxe, automatizando diferentes procesos de traballo co currículum á hora de elaborar as UDIS e xeran un documento final, imprimible, que contemple tódolos aspectos antes indicados. No caso das UD o modelo é similar pero reemprazando a organización en tarefas/situacións de aprendizaxe pola organización en temas.
Para traballar coas UDIs ou UDs tan só terás que premer na lapela correspondente, tódalas sub-lapelas deste apartado aparecerán na franxa de cor vermella, con referencias distintas segundo se trate dunha UDI ou dunha UD.
As UDIS-UDS que se creen na aplicación deben estar dentro dun cartafol (ver punto 5 deste manual), cada un deles contará coas súas propia UDIS-UDS que, como veremos nas seguintes páxinas deste manual poderás copialas dun cartafol a outro.