7.4.1 - Escoller criterios para varios niveis á vez ou por tipo

Se queremos crear unha UD-UDI para varios niveis (inter-niveis), temos a opción de marcar un mesmo criterio para todos eles, empregando o indicado no planing comparativo (no caso de ter exisitir). No caso de Ed. Infantil isto tamén se aplica á elección de contidos.

Tan só deberemos marcar, en lugar da caixa de selección do criterio, o signo + para engadilo nos niveis marcados (sinalados pola elipse na seguinte captura), ou o - para desmarcalos, segundo o mesmo criterio.



No caso de non existir ningún criterio no planing (ou que este non exista) aparecerá un aviso informando que non foi posible marcalo noutros niveis.

Tamén poderemos escoller a opción de 'ver só os marcados', de xeito que so visualicemos os criterios que teñamos escollidos.


Engadir estándares/indicadores agrupados por tipo:

Tamén poderemos engadir varios estándares/indicadores á vez, segundo tipo dos mesmos, se é que os temos organizados por tipos no cartafol. Podes ver como facelo no seguinte vídeo: