7.4.2 - Como inserir unha imaxe ou subir un arquivo adxunto nun exercicio ou actividade.

Tanto nos exercicios como nas actividades podes inserir unha única imaxe en cada un deles. Esta imaxe será incluída na UDI-UD xerada debaixo da descrición do exercicio ou actividade en cuestión. Tamén poderás subir un único arquivo adxunto por exercicio e actividade, que posteriormente poderás descargar. Neste segundo caso na UDI-UD xerada figurará a referencia a dito adxunto para descargalo desde a aplicación.

Poderás inserir imaxes en formato jpg, png e gif tan so premendo o botón correspondente e arrastrando a imaxe ata o lugar indicado, prográmame encargarse de facer o resto do traballo. Poderás subir arquivos en formato pdf, odt, doc, docx, ou se son varios podes comprimilos e subilos como zip ou rar.



Cada nova imaxe ou arquivo que subas ou insiras reemplazará a existente xa que só pode empregrarse unha imaxe e un arquivo por exercicio e actividade.


Vexamos de seguido como facelo desde a sub-lapela actividades e exercicios: