Lembra que tamén podes ver e traballar coas fichas e seguimento na APP para smartphones, tablets.
Desde este apartado podes facer o seguimento dos diferentes criterios avaliados nas UDIS, no apartado seguimento de UDIS, da área e nivel escollido. Para cada un dos criterios podes incluír unha anotación, a partir dos resultados dos resultados dos seguimento realizado cos instrumentos en cada UD-UDIS, que virán indicadas coas cores identificativas.
Adicionalmente tamén podes facer anotacións da -avaliación inicial- escollendo dita opción no despregable, xunto aos tres trimestres. Neste caso serán amosadas as UD-UIDS marcadas para calquera dos tres trimestres.
Ó código de cor empregado nese apartado de seguimento é o mesmo que se amosará nas fichas de seguimento.
Para cada criterio poderás facer unha anotación a modo de avaliación do mesmo. Na parte dereita de cada un aparecerán as UD-UDIS nas que está presente como avaliado, e no caso de ter sido cualificado en seguimento, aparecerá un código de cor ó seu lado (deixando o rato sobre cada UD-UDI poderás ver o instrumento empregado para avalialo)