1 - Que é o que podo facer con Prográmame-UDIS?

Prográmame é unha aplicación online, dentro das dispoñibles na web recursoseducativos.net, destinada a facilitar a creación de Unidades Didácticas Integradas e outros documentos de programación, avaliación e cualificación, automatizando algunhas partes do proceso, empregando para elo o currículum oficial de Galicia.



Cando empregues prográmame poderás acceder a todas estas funcionalidades (algúns dos documentos tamén están dispoñibles en castelán)

  • Crear e almacenar tódalas UDIs (Unidades Didácticas Integradas) e Uds (Unidades Didácticas) que desexes organizadas en cartafoles.
  • Obter de cada unha das UDI ou UD creadas, en calquera momento, unha versión en pdf e outra en odt da Unidade, segundo a plantilla do CEIP. Pedro Antonio Cerviño, incluíndo o mapa de relacións entre tarefa/situación de aprendizaxe ou tema, actividades e exercicios.
  • Obter unha táboa por curso en pdf e odt, da avaliación dos diferentes elementos curriculares incluídos nas diferentes Unidades, organizadas por trimestres e tipo de instrumento de avaliación, así como unha táboa cos elementos traballados (fosen avaliados ou non), para poder logo introducilos na aplicación oficlal PROENS.
  • Poderás modificar as UDI e UD tantas veces como desexes, conseguindo un novo documento pdf e odt en cada caso.
  • Terás a opción de iniciar unha nova UDI ou UD ben creándoa desde cero ou partindo dunha xa existente, grazas a opción ?copiar UDI ou UD?.
  • Poderás compartir os teus cartafoles con outros usuarios, de xeito que tódolos usuarios que teñas autorizados poidan traballar de forma conxunta nas mesmas UDIS ou UDs.
  • Poderás facer un seguimento, a través dunha ferramenta visual, dos criterios e contidos traballados ou non en cada curso e/ou área, de xeito que poidas controlar aqueles pendentes de traballar en cada nivel/área. Tanto dentro das UDIs ou UDs como no diario de clase.
  • Poderás facer un seguimento da avaliación de cada UDI ou UD, dos teus grupos de alumnos/as obtendo os informes correspondentes.
  • Poderás xerar automaticamente listas de control e rúbricas de cada un dos estándares de avaliación, xa sexan valeiras ou do teu grupo de alumnos/as
  • Poderás crear e xerar rúbricas ou listas de indicadores, para o seguimento do perfil de saída de primaria e secundaria.
  • Poderás agrupar os criterios por tipo e xerar listados tanto en modo lista, como planing, amosando ditos tipos..
  • Poderás facer un caderno de clase semanas... e moito máis... Poderás levar un anecdotario online para o teu alumnado, así como o control das reunións.
  • Poderás levar ó día o teu "caderno do docente", no que indicar os resultados das diferentes probas para cada instrumento de avaliación, ou categorías que crees. Ademais se os agrupaches na lapela de programación xa aparecerán automáticamente.

Nos diferentes apartados deste manual de uso, analízanse as diferentes funcionalidades da aplicación.

Lembra que prográmame-UDIS é multidispositivo, e poderás empregala no ordenador, smartphone, tablet e reloxos intelixentes; sincronizando tódolos datos en tempo real entre elas.