6.1.1.- Agrupar criterios de avaliación por tipo - marcar criterios prioritarios

Podes 'agrupar os criterios de avaliación por tipo', segundo a tipoloxía que desexes crear no curso. A finalidade deste agrupamento é poder empregalo logo na creación das UDIS, onde poderás 'marcar automaticamente' tódolos criterios que teñas asociados a cada tipo.


?Unha das finalidades de agrupar por tipo é empregar estes 'grupos' durante a creación das UDIS á hora de engadir os estándares para cada actividade, de forma que se engadan automaticamente todos os dun grupo sen ter que ir marcándoos un a un.


Ten en conta que só aparecerán tipos para elixir en cada estándar se previamente os tes creados no botón 'xestión tipos' en calquera estándar, en calquera deles os cambios afectarán a tódolos demais, polo que podes facelo no que 'teñas a man' en cada momento.

Tódolos tipos creados son de aplicación ó cartafol de traballo actual e non distinguen entre áreas e niveis, é dicir estarán presentes en todos eles. Do mesmo xeito, cando se copia un cartafol tamén se copian tanto os tipos como a asignación dos mesmos.

Consulta o apartado 'UDIS' deste manual, para saber como empregar estes tipos nas mesmas.





Como podemos marcar os criterios prioritarios, como centro?

Pode empregarse tamén o agrupamento por tipos, para marcar, como centro, aqueles criterios que consideramos prioritarios. Esto pode facerse tanto nesta lapela como na lapela modo planing.

O proceso sería o seguinte:

  • Crear o tipo chamado -prioritario-
  • Marcar con ese tipo os criterios que consideremos das diferentes áreas e niveis.


Podo xerar a lista de criterios cos tipos asociados?

Desde o botón -xerar- poderás obter os seguintes documentos que inclúen os tipos:

  • Lista de criterios por área e nivel, nos que aparezan todos sinalados cos tipos asociados.
  • Lista de criterios por área e nivel, nos que só aparezan aqueles marcados dun dos tipos escollidos.
  • Plannig comparativo de criterios de avaliación con tipos: amosará tódolos criterios organizados por niveis, en liñas, para unha área escollida, indicando os tipos asociados a cada un.