Como crear unha UD-UDI?
Unha vez teñamos escollido un cartafol de traballo e accedamos á lapela UDIs-UDs, veremos na sub-lapela "Lista de UDIS-UD" o listado de UDIS e UDS que teñamos dispoñibles nese cartafol e poderemos crear unha nova UDI ou UD:
Lembra que tamén podes crear unha UDI usando a Intelixencia Artificial de OpenAI (ChatGPT), consulta o seguinte punto deste mesmo manual
Como copiar unha UD-UDI a un dos meus cartafoles?
Cando se preme a opción copiar unha UD-UDI ,poderás escoller (na nova ventá que apareza) entre tódalas UDIS dos teus cartafoles propios e daqueles compartidos contigo (estean ou non bloqueados), ver punto 5 deste manual. A UDI-UD copiada será a tódolos efectos una nova UDIUD, polo que os cambios que nela se produzan non afectarán a UDI-UD orixinal.
Se unha UDI se atopa nun cartafol compartido con outros usuarios, aqueles usuarios con acceso a dito cartafol poderán modificar e traballar coa UDI-UD como se dunha propia se tratase. No caso de cartafoles compartidos, pero bloqueados, ó non poder verse o cartafol na lista do usuario convidado non será posible traballar sobre as UDIS-UDS que conteñan, pero si será posible copiala e traballar sobre a copia.
Como mover UD-UDIS entre os meus cartafoles?
Cando se move unha UD-UDI, está é traslada a outro dos cartafoles ós que teñamos acceso, xa sexa propio ou no que esteamos convidados. Neste caso a UD-UDI desaparecerá do cartafol de orixe.
Como destacar unha UD-UDI?
Poderemos tamén destacar aquelas UD-UDIs que desexemos, de modo que aparezan destacada na parte superior da lista. Esto tamén se aplica a APP para smartphones, tablets e reloxos intelixentes.
Tan só deberemos marcar ou desmarcar a icona da estrela que atoparemos á esquerda de cada título.
Como borrar unha UD-UDI?
Para borrar unha UD-UDI deberás escribir como título da mesma a palabra -borrar-, ou usar o botón correspondente, se ben deberá estar valeira para poder facelo, non debe ter ningunha tarefa/situación de aprendizaxe/tema, actividade ou exercicio. Deste xeito evitamos borrados accidentais.
Descobre no seguinte vídeo como borralas rápidamente, aínda que teña elementos no seu interior.