7.3 - Identificación, estructura: xestión do formato de texto

Identificación:

Cando teñamos seleccionada unha UDI-UD poderemos comezar a traballar con ela (obviamente poderemos cambiar de UDI-UD premendo á lapela UDIs-UDs e escollendo outra da lista)

Veremos aparecer a lapela Identificación na que deberemos cubrir os apartados correspondentes.

O campo -Nome do centro - completarase automáticamente, cando se cree a UD-UDI, co que figure no teu perfil de usuario, no campo centro educativo. Pode modificarse sempre que se considere, unha vez inserido de modo automático (só se insire deste modo cando se crea a UD-UDI no primeiro acceso á mesma).

No caso de non existir ese valor na ficha de perfil de usuario, este campo aparecerá en branco e deberá ser cuberto de forma manual.

Podes sinalar as xornadas asignadas para a UD-UDI, ven marcándoas de un en un no calendario, ou usando a opción "auto", para marcar automáticamente todo curso escolar. Deberás ter indicadas as datas de avaliación ou de fin de trimestre para o cartafol. Podes ver como facelo neste vídeo.



Estructura:

Nesta lapela crearemos a estrutura de tarefa/situación de aprendizaxe no caso de ser unha UDI, ou dun tema no caso das UD, coas súa respectivas actividades e, cada unha delas, cos exercicios que conteña. Tamén poderemos crealas nas lapelas tarefas/situacións de aprendizaxe e actividades-exercicios, pero facelo no apartado estructura pode resultar máis doado para facerse unha idea visual de como quedará a tarefa/situación de aprendizaxe ou tarefas/situacións de aprendizaxe, planificadas. 

  • Engade un tema/tarefa/situación de aprendizaxe (1)
  • Engade unha actividade (2)
  • Engade un exercicio  (3)
  • Escribe o texto da tarefa/situación de aprendizaxe/tema, actividade ou exercicio (4)
  • Borrar a tarefa/situación de aprendizaxe/tema, actividade e exercicio (5)
  • Ordena as tarefas/situacións de aprendizaxe, actividades ou exercicios (6)
  • Move, arrastrando, as actividades a outras tarefas/situacións de aprendizaxe, e os exercicios a outras actividades.



Tamén poderás ordenar os diferentes elementos do mesmo xeito que se fai na lapela tarefas/situacións de aprendizaxe (ou tema), actividades e exercicios, así como mover os exercicios a outras actividades e as actividades a outros produtos finais (tarefas/situacións de aprendizaxe) ou temas tan só arrastrándoos.




Formato de texto:

En certos campos é posible usar formato de texto: negriña, suliaño e cursiva. Neses casos verás aparecer o menú de botóns correspondente.