No apartado Borrador de A.C.S da lapela 'programación e currículo', poderás adaptar o currículum para xerar un borrador de Adaptación curricular no modelo oficial indicado na orde de atención á diversidade. Este modelo en borrador, contempla a parte curricular do documento da adaptación.
Teóricamente, no futuro, tamén poderá ser empregado para introducir os datos na aplicación oficial PROENS, no apartado de A.C.S, cando este estea dispoñible (no caso de chegar a estalo nalgún momento)
As diferentes borradores de A.C.S. que se elaboren non van vinculadas a ningún cartafol, se ben poderá compartir cada borrador de A.C.S. con outros usuarios se o desexas. A razón e poder 'modificar este documento' co paso dos cursos sen ter que volver a introducir os datos ou copialo con cada novo curso escolar. Por así dicilo cada borrador de A.C.S. vai asociada a un 'identificador' único para toda a etapa.
Por outra banda, para respectar a privacidade do alumnado e a confidencialidade deste tipo de documentos, todas os borradores de A.C.S. levan como nome un 'identificador' se servirá para 'localizar? un borrador de A.C.S concreto, será o usuario quen decida o nome do identificador (que deberá crear), e quen coñeza ó alumno/a concreto ó que se refire. No documento xerado aparecerá o nome do identificador, este poderá ser trocado polo nome real do alumno empregando o documento xerado en formato odt. En ningún caso se almacena ningún dato persoal do alumno na aplicación.
Estas son as opcións que tes dispoñibles neste apartado, onde verás aparecer os bloques de contidos da área e nivel escollido:
Unha vez escollido o botón de Adaptar os criterios, contidos e obxectivos (3), aparecerá a seguinte caixa. Nela poderás facer a adaptación dos diferentes elementos curriculares.
Poderás facer o seguinte:
Como xestionar os identificadores:
Podes xestionar os identificadores (crear, cambiar ou borrar) na parte superior da caixa deste xeito
Xerar o borrador de ACS:
Desde a sub-lapela XERAR, podes obter o teu borrador de ACS tanto en formato odt modificable como en formato pdf, no cal se usa un modelo adaptado do modelo indicador na orde 8/9/2021, de atención á diversidade.
Consulta os restantes apartados relativos á copia de traspaso de borradores de ACS, para máis información