En canto accedamos á aplicación teremos que escoller entre traballar coa versión para primaria, infantil, ou secundaria (ESO e bacharelato), así como de modo experimental ESA e EBI. En tódolos casos o funcionamento e idéntico, xa que só cambia o currículum co que se elaborarán as diferentes UDIs. Cada unha dúas versións é independente da outra podendo alternar entre elas sempre que se queira entre elas, premendo na icona da ?casiña? que te levará novamente a este menú inicial.
No caso de Educación infantil, primaria, ESO e bacharelato a aplicación emprega o currículum oficial de cada unha das etapas. Debes ter en conta que o número de áreas/materias dispoñibles en ESO, bacharelato, EBI e ESA, dependerá das que teñan introducido os usuarios da aplicación.
Prográmame-UDIS únicamente introduce e mantén os currículos de infantil e primaria, que están dispoñible na súa totalidade, tal como figuran nos decretos dos currículos.