Na lapela avaliación teremos que establecer cales dos criterios que fomos seleccionado nas diferentes actividades, imos a avaliar nesta UDI-UD, sinalando ademais o instrumento que se empregará e se algún deles será avaliado mediante rúbrica.
Aqueles criteiros que non teñan nada escrito como procedemento ou instrumento serán considerados como non avaliados, así pois deberemos indicar só os que queremos avaliar, de todos os que escollimos para traballar nesta UD-UDI.
Se un criterio será avaliado polo mesmo instrumento que xa foi indicado para outro, poderemos agregalo ó mesmo empregando o botón correspondente.
Marcar criterios como de Seguimento das UD-UDIS:
Lembra que tamén é posible marcar algún dos criterios de avaliación como de seguimento da UD-UDI, de modo que logo poderás usalos na lapela seguiento, tal como se explicará no apartado correspondente.
No vídeo, cando se refire a estándares, na LOMLOE fan referencia ós criterios.
Rúbricas e rúbricas agregadas:
Nesta lapela veremos aparecer, para crear a rúbrica, os criterios marcados como tal na lapela avaliación, poden cambiarse tantas veces como se queira engadindo ou eliminando elementos á rúbrica.
Deberemos completar os diferentes niveis da rúbrica, podendo tamén copiala (importala), doutra das nosas UD-UDIS ou mesmo do banco de UD-UDIS públicas.
Durante a creación de rúbricas, pode ser que nos interese incluír varios criterios similares dentro dunha mesma liña de rúbrica, de xeito que compartan a gradación A, B, C, D., e poidan ser avaliados de forma conxunta, a esta función chamámola en prográmame rúbrica agregada.
Para facer unha rúbrica agregada tan só terás que escoller un dos criterios como rúbrica e, desde a lapela rúbrica premer o botón ?agregar' no estándar correspondente.
O premer a opción AGREGAR aparecerá seguinte ventá emerxente, na que podes marcar e desmarcar os estándares que queres agregar a esta liña de rúbrica
Cando se copian rúbricas non se copiarán os criterios agregados xa que estes terían que estar marcados nas diferentes actividades da UDI-UD previamente, por tal motivo deberán agregarse manualmente en cada caso.
Os estándares marcados como agregados aparecerán na lapela -avaliación- deste xeito, indicando en cor vermella o criterio ó que están agregados, por esa razón non é posible modificar ningú parámetro do mesmo mentres siga marcado como 'agregado'. Se se intenta desmarcar un criterio que teña 'agregados' alertarase de que non é posible, xa que primeiro se deberán desmarcar os agregados antes de poder quitar ese criterio 'principal' como rúbrica.
Copiar a rúbrica doutra UD-UDI para usala na actual: