Prográmame organiza os seus contidos en cartafoles, que poderemos consideralos como unha especie de 'carpetas' nas que se poidan ir 'almacenando' tódolos documentos que vaiamos elaborando (UDIS, programación, perfís, etc..).
Cada usuario pode crear tantos cartafoles como desexe, por exemplo creando un con cada curso escolar: 2014/2015, 2015/2016, etc, se ben podes empregar o nome que mellor consideres en cada caso.
A primeira vez que accedamos á aplicación, se non temos ningún cartafol creado na etapa, observaremos que aparece todo en branco, tan só deberemos crear o noso primeiro cartafol para comezar a traballar.
Ten en conta que se ben é preciso ter alomenos un cartafol creado, no caso das ACS (Adaptacións Curriculares Significativas). estas non se atopan dentro de ningún cartafol, senón que ficarán asociadas ó usuario que as creou. Consulta o apartado correspondente ás ACS para máis información.