Emprega só os currículos oficiais xa publicados no DOG:
Para acceder á xestión do currículum de cada etapa (introducir ámbitos en primaria, ou as materias da ESO e Bacharelato) que emprega Prográmame-UDIS, deberás ter un acceso autorizado (contacta con info@recursoseducativos.net para máis información), e acceder á aplicación de xestión desde o apartado -As miñas vantaxes- dentro do menú -As miñas aplicacións- tamén accesible desde a parte inferior dereita da pantalla principal de prográme-UDIS. Lembra que podes deixar as túas dúbidas e comentarios no foro para colaboradores, dispoñible na web.
Accederás a unha nova ventá na que poderás navegar entre as diferentes áreas rexistradas na aplicación, para introducir criterios, obxectivos e contidos, así como para modificar ou eliminar algún deles.
O entorno de traballo:
Estas son as caixas para engadir os contidos, bloques, criterios e contidos para a área/materia, nos diferentes niveis, do apartado xestión do currículum:
Poderás desplegar ou contraer cada un dos apartados premendo no signo + de cada un.
Poderás escoller a materia/area, no menú superior (só verás aquelas ás que teñas acceso).
Para editar calquera dos elementos introducidos debes premer o botón correspondente.
Na parte superior aparecerán os obxectivos da área que sexan introducidos no menú correspondente.
Debaixo aparecerán os criterios e contidos introducidos, ordenados por nivel e bloque.
Como editar/borrar algún dos elementos introducidos:
Premendo no botón editar poderás modificar calquera dos elementos introducidos, por exemplo escoller o bloque no que se atopa.
Se no campo código (ou onde se sinale en cada caso) se escribe a palabra borrar, (en minúsculas e sen espazos antes ou despois) e se gardan os cambios será eliminado.
Se borras un bloque de contido, os criterios que o tivesen marcado, de ser o caso, volverán a estar no apartado de criterios sen bloaue asignado.
Para editar algún dos bloques creados, deberás empregar o menú superior (a caixa onde se engadiron)
A estratexia de traballo:
Deberás localizar no currículum os seguintes elementos:
Táboa de relación entre os obxectivos e os descritores do perfil de saída, atoparalo ao final do currículo de cada área/materia)
No caso dos contidos deberás enumeralos correlativamente en cada bloque, para poder introducir ese valor no campo correspondente. Cada novo bloque comezará de novo en 1.
No exemplo anterior os códigos dos bloques serían C3.1.1, C3.1.2. (porque son subapartados do contido) C3.2.... Correspondéndose o número 3 ó bloque de contidos no que se atopan e a C a contidos (non confundir con CA que son os Criterios de Avaliación) .
No caso de existir sub-apartados nos contidos, copia o contido pai, engade : (dous puntos( e logo o subapartado. Ao fin de manter unha coherencia coa nomenclatura de PROENS, tamén engadiremos o contido pai por separado, rematado en .0 (de non engadir este cero ordenaríanse incorrectamente) .
Así no exemplo anterior sería:
No caso de non existir subapartados, obviamente podes omitir a anterior indicación e enumeralos correlativamente sen engadir o .0 en ningún deles.
Unha vez localizados os diferentes elementos deberás crear nos apartados correspondentes (sinalados ó comezo), os seguintes elementos:
Os elementos introducidos (contidos e criterios), que non teñan aínda un bloque asignado aparecerán no - bloque 0 Sen asignar-. Lembra que debes asignar sempre os contidos e criterios ó bloque que lle corresponde.
Criterios con número asociado no planing (opcional)
Esta opción é opcional, pode engadirse ou non, ou mesmo facelo no futuro se se considera. Ten en conta que non é preciso introducir este número para que todo funcione correctamente, únicamente non existirá o planing comparativo no apartado programación e currículo.
Cando edites un criterio verás aparecer un campo chamado -número asociado-. A finalidade desde número e poder usar modo planing, no apartado de xestión de tipos, así como marcar un mesmo criterio para diferentes niveis nas UD-UDIS.
A idea e -asociar- cada criterio co seu correspondente, nos diferentes niveis. Deberás crear unha táboa, onde ordenes os criterios de cada área, organizándoos en filas enumeradas. Eses números serán os -asociados-. .
Deberás incluír ese número no campo -asociado- de cada criterio
Agradecementos como colaborador ou colaboradora:
Tódolos usuarios e usuarias que colaboran, ou colaboraron, introducindo o currículo dalgunha área ou materia, aparecen citados no pé de páxina de Prográmame-UDIS, nas respectivas etapas, a modo mínimo agradecemento e recoñecemento.
Ao lado de cada nome de usuario figura a área/materia ou áreas/materias, que introduciu, está introducindo ou mantendo.
Gracias a todos e todas por colaborar, e aportar o voso traballo para ser empregado por outros compañeiros e compañeiras, de modo desinteresado.
Se detectas algún erro nesta lista comúnicao.
E se aínda teño dúbidas?:
Para calquera dúbida durante o proceso de introdución do currículo, podes facerma chegar por e-mail, no foro ou coma mensaxe privado a través do grupo oficial de telegram. Podes atopar todas estas vías de contacto na seguinte ligazón:
https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/faqs